A Consulta Preliminar do Mercado posta en marcha polo Ministerio
de Fomento segue avanzando na búsqueda de solucións innovadoras contra a néboa densa que se produce no entorno do Alto do Fiouco.
Ata o momento rexistráronse 6 propostas preliminares, de
acordo ao procedemento. Adicionalmente, outras 5 empresas están
analizando a documentación técnica facilitada polo Ministerio de
Fomento, sendo previsible que presenten as súas solucións proximamente.
As medidas innovadoras identificadas van dende sistemas de
sinalización e axuda á condución ata sistemas de deteción e
disipación da néboa. Non se descarta que a solución final estea
formada por unha combinación de distintas tecnoloxías.
A Consulta, coordinada dende o seu inicio co Programa Innodemanda
do CDTI (dependente do Ministerio de Economía e Competitividade),
pode permitir aos beneficiarios disfrutar de financiamento en
condicións moi favorables para desenvolver as súas actividades de I+D.
O prazo de solicitude de axudas en CDTI ampliouse polo interese dos
participantes ata o pasado 31 de agosto de 2015 téndose
recibido 6 proxectos de I+D que serán avaliados por este
organismo, de acordo ao seu procedemento interno. Está previsto que
dita avaliación finalice o vindeiro 25 de setembro e que a
comunicación da concesión de axuda se produza o 30 de outubro
de 2015.
Por outro lado, no marco da convocatoria, trla primeira xornada
informativa celebrada o pasado 23 de xullo, coa asistencia de 19
empresas, vaise celebrar a segunda xornada o vindeiro 24 de
setembro. Nela, farase un seguimento do proceso, das
propostas recibidas e do estado da información meteorolóxica e da estrada a disposición das empresas. Ao longo do proceso, as
solucións dos participantes serán analizadas polo Ministerio de
Fomento, o que permitirá mellorar a súa adecuación ao problema
plantexado.
Finalmente, aínda que o prazo de Consulta inicialmente previsto é de 1
ano, parece probable que poida ser reducido ata os 6 meses,
conforme ao cumprimento dos requisitos de participación e idoneidade
das propostas contemplados na convocatoria da Consulta. Cos resultados obtidos na Consulta, definiranse as prescripcións técnicas e administrativas para o desenvolvemento de prototipos en campo no marco da eventual Compra Pública Innovadora posterior.