Lugo, 03 de setembro de 2015.- A Deputación Provincial de Lugo informa de que autorizou o corte da estrada provincial LU-P-1510 na zona da praia da Marosa, co obxecto de garantir a seguridade dos asistentes ao Festival Osa do Mar.
Dende o Servizo de Vías e Obras da Deputación Provincial explican que a autorización para o corte da vía ten validez dende ás 14.00 horas do venres 4 de setembro, ata o 6 de setembro ás 08.00 horas; atendendo deste xeito a unha solicitude do Concello de Burela.
A administración provincial obriga a que o corte se produza indicándoo cos elementos oportunos, cunha sinal na que se informa da redución da velocidade aos 40 km/h, e coa colocación de carteis a ambas marxes da estrada informando do desvío provisional.
Ademais, unha vez finalizado o corte deberase deixar a vía nas condicións previas, limpa e sen obstáculos nin impedimentos para a circulación.