Foz, 21 de setembro de 2015.- A Asociación Amigos das Viaxes de Foz organiza para os días 10, 11 e 12 de outubro unha excursión a Curia, Peniche, Óbidos, Nazaret en Portugal e á Festa do Marisco do Grove.
O importe da viaxe será de 140€, con aloxamento no Hotel Termas da Curia, de 3*. Para anotarse, chamar ó teléfono 609 822 649 (Xaime Cancio), lembrando que as prazas das que se dispón son limitadas.