Burela, 21 de setembro de 2015.- Este luns seguiron as actividades da Semana Europea da Mobilidade. O circuíto de karts estivo aberto para os usuarios da asociación A Mariña e as monitoras da aula de educación ambiental impartiron unha charla sobre Cálculo de emisións a alumn@s de 1º da ESO do IES Monte Castelo. As monitoras explicaron que “a idea é que os rapaces e rapazas se conciencien da importancia de utilizar medios de transporte máis sostibles. Centrámonos no traxecto que realizan todos os días para ir ao colexio, as emisións de CO2 que emite o coche privado ao facer ese percorrido, o custe ambiental e económico que supón, fronte aos beneficios que proporciona ir a pé ou en bici, tanto para a saúde como para o medio ambiente”.
