Dende CxG de Burela denuncian publicamente “un novo incumprimento do programa e das promesas feitas polo Sr. Llano na campaña das eleccións. E xa levan uns cantos”.
O PSdeG de Burela prometeu publicamente o día 20/05/2015 a recuperación da xestión pública da limpeza no noso Concello. Postura que xa cambia o día 18/09/2015 cando o Sr. Llano publicamente manifesta «Tamén someteremos a aprobación inicial a ordenanza municipal de limpeza do Concello de Burela. Estamos para facer o cambio de empresa. O contrato está caducado desde hai tempo. Non sabemos cal foi a causa pola que o último equipo de goberno seguiu con esta empresa cando a propia firma quería retirarse de aquí e case se pode dicir que o señor Barcia a obrigou a continuar e agora esa situación é insostible. Queremos contratar unha nova empresa».
A nos estes bandazos non nos pillan de sorpresa, pero si nos asaltan dúbidas:
o cal é o interese do rexedor en contratar outra empresa?
o que garantías temos os veciños de ter un mellor servizo?
o será unha empresa amiga?
o é unha práctica de partido, con outros intereses?
o para que lle sirve a Llano e o PSOE de Burela o programa?
CxG pide que se cumpra co prometido e se recupere este servizo de xestión directa municipal, NON PRIVATICEN señores ¿progresistas?
EXECUTIVA LOCAL DE COMPROMISO POR BURELA