DEL CORO AL CAÑO, en concerto o venres 25 de setembro ás 20.30 horas no Teatro de Ribadeo. “Cantan cousas diferentes con razoable bo gusto. Rin moito e son quen de conseguir que a música coral sexa máis entretida. Varían o idioma ( francés, portugués, español, inglés, alemán), varían o estilo ( barroco, pop, renacemento, jazz, folclores varios). Dálles o mesmo, non teñen vergoña. Están de xira por lugares emblemáticos do Camiño de Santiago nun percorrido que comezou en León”. A entrada é libre.
Del coro al caño en Ribadeo