Ribadeo, 15 de xullo de 2025. Sanidade cubrirá todas as baixas e as vacacións dos médicos do centro de saúde de Ribadeo. Así llo deu a coñecer o conselleiro ao alcalde no encontro que mantiveron nas últimas horas.
O rexedor, Dani Vega, explicou que “mantivemos unha reunión de traballo co conselleiro de Sanidade para abordar diferentes cuestións relacionadas todas elas coa asistencia sanitaria aquí en Ribadeo. Neste encontro, no que tamén participou o xerente de área sanitaria de Lugo, que entendemos que era importante para trazar unha estratexia conxunta, é verdade que non é a primeira reunión, xa tivemos moitas antes”.
O alcalde dixo: “evidentemente nosoutros queremos construír un centro de saúde novo, si, pero somos conscientes e defendemos que debemos ter unha cobertura sanitaria acorde ao que é Ribadeo. Ata o de agora o que se está facendo é cubrindo todas as prazas de médicos que hai en Ribadeo, están cubertas, prevese entón unha boa situación asistencial, e tamén contar con persoal para cubrir as vacacións do pediatra. Isto era moi complexo, moi difícil e conseguímolo sendo constantes e sendo tamén moi esixentes coa Consellería porque non podíamos entender que non se cubrira a praza de pediatra. E é verdade que este problema non é única e exclusivamente en Galicia, senón en todas as comunidades autónomas hai bastantes problemas e nalgunhas delas estase cubrindo con médicos de familia, que tamén é bastante complicado conseguir. Pero neste caso Ribadeo ten unha boa noticia, cóbrense todas as prazas, todas as baixas e vacacións dos médicos, a do pediatra, que era moi importante, así tamén queda acreditado que se vai cubrir non soamente as vacacións do pediatra, senón todas as baixas por distintos motivos”.
Vega cre que “é moi boa noticia e vamos a seguir, digamos, sendo constantes, sendo esixentes e rigorosos para que a Xunta, para que a Consellería cumpra con Ribadeo. Evidentemente o Concello non ten ningunha competencia en materia sanitaria, pero si que temos a obriga de xestionar e de conseguir o máximo para Ribadeo. Tamén anunciar que nesta reunión, xa temos unha data fixada para ocupar os terreos do Centro de Saúde, que vai ser o 29 de xullo, e tamén vamos firmar xa o convenio, onde se van ceder eses terreos á Consellería de Sanidade para xa iniciar o proxecto e despois a continuación a construción do centro de saúde. Para isto, non temos a data cerrada, pero temos unha previsión que é na segunda quincena de setembro”.
O rexedor ribadense fixo unha valoración positiva do encontro: “creo que foi unha reunión positiva, unha reunión na que conseguimos dada a constancia e a esixencia coa Consellería, moitas cousas, e vamos seguir nesta liña de colaboración, unha liña de respecto mutuo, pero entendendo que o Concello ten a obriga de xestionar os maiores recursos sanitarios para Ribadeo e así ter unha cobertura asistencial en perfectas condicións”.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.



