A futbolista focense procede do Valdetires Ferrol, co que anotou 36 goles a pasada campaña en Segunda, e realizará o seu debut na máxima categoría
Burela, 15 de xullo, 2025. O conxunto feminino do Burela FS comeza a súa reconstrución apostando por unha xogadora da comarca. Desta maneira, a focense Lara Díaz convértese na primeira incorporación do equipo que dirixirá Belén Feal. Procede do Valdetires Ferrol FSF e é unha á destra que destaca pola súa potencia, a súa calidade técnica e por contar cunha sobresaínte capacidade goleadora. Na campaña recentemente terminada anotou 36 goles nos 31 partidos que disputou cun conxunto ferrolán que finalizou terceiro no grupo primeiro de 2ª e caeu na semifinal do play off de ascenso a Primeira diante do Almagro. O curso anterior xa marcara 24 tamén nas filas do cadro departamental.
Lara Díaz García (Vilaronte-Foz, 20-11-1999) terá por fin a oportunidade de debutar na elite despois de rozala en varias ocasións durante a súa carreira. Será na súa segunda etapa na estrutura do Burela FS. Criada entre o fútbol e o fútbol sala na canteira do CD Foz, en categoría infantil pasou ao Ribadeo FS, con quen se proclamou campioa autonómica. Tamén era unha habitual das seleccións provinciais de fútbol e fútbol sala, así como da selección galega de fútbol. Posteriormente, cando contaba con 14 anos, volvía ao fútbol tras fichar polo Peluquería Mixta Friol, que competía na Segunda Nacional. Máis tarde chegaba ao filial do Burela FS, nunha campaña na que tamén gozou de adestramentos co primeiro equipo, e un ano despois regresaba ao Ribadeo FS. De aí, en 2019 daba o salto ao Castro Bloques Cando, equipo no que estivo catro tempadas e co que lograba o ascenso á máxima categoría na campaña 2022/2023. Con todo, ela non deu o salto á elite e, tras facer a pretemporada co Rodiles asturiano, acababa asinando polo Valdetires Ferrol FSF, co que competiu durante estes dous últimos cursos en Segunda División. Agora, por fin, ábrenselle as portas da máxima categoría.
Lara Díaz asegura que afronta con moita ilusión o reto de debutar en Primeira División e de, ademais, facelo no Burela FS. “Xogar ao lado da casa e representar o fútbol sala da Mariña é un orgullo. É moi ilusionante porque creo que vou estar onde merezo ao final. Por meus avós, por min, pola miña familia e polos meus amigos. Comecei con 5 anos e despois de 20 anos neste deporte poderei estar en Primeira”, sinala.
A focense contará coa vantaxe de que xa coñece a Belén Feal, coa que coincidiu na campaña 2023/2024 no Valdetires Ferrol FSF. “Con Belén xa estiven unha tempada e merece estar na elite por como concibe este deporte e por como é persoalmente. Fai todo de corazón e iso ten a súa recompensa”, conclúe Lara Díaz.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.

