Ramiro Fernández Rey.- Din que a dimensión dos éxitos se pode medir con exactitude unha vez pasado algo de tempo e unha vez pasa a emoción dos primeiros momentos, é entonces cando toca facer unha reflexión do conseguido para poder realizar unha valoración exacta do acadado. Unha semana despois de que as nosas guerreiras conseguiran o fito histórico de conquistar a Supercopa de España de fútbol-sala feminino un é capaz de analizar friamente o importante feito, e comprender o significado que isto ten para Burela e para toda A Mariña.
Polo explicado anteriormente só queda dar as gracias a estas mulleres, non só polo feito de conseguir tan prezado trofeo, senón tamén por todo o que isto supón. Era unha loita entre David e Goliat, Burela contra Madrid, unha loita desigual, pero é un triunfo que demostra que o traballo, o equipo, a loita, a entrega e a fé de crer no que un fai son o mellor garante do éxito. Un éxito que temos que facer de todos, o triunfo dun pobo e dunha filosofía de vida que se pode e debe ver reflexado no espíritu destas xogadoras.
Como Concelleiro de Deportes non poido máis que sentir orgullo e gratitude ante estas xogadoras, corpo técnico e directiva, que con tanto esforzo e sacrificio están a poñer a Burela e A Mariña no mapa, con todo o que isto supón en todos os eidos tanto a nivel deportivo como a nivel económico, xa que a promoción que isto carrexa non habería cartos que a puidera compensar.
O pobo de Burela debe apoiar este proxecto deportivo, que como dixen antes, supera o ámbito deportivo e trascende máis, moito máis, do que nos poidamos imaxinar. Non cabe máis que dar as gracias, as gracias en nome dun pobo que se sinte orgulloso destas rapazas. Estou seguro que non vai ser o último triunfo que nos deixarán festexar con elas, porque a ambición e a fame de victorias destas rapazas non ten límites, o que inevitablemente fará que os éxitos se repitan sen ningún tipo de dúbida.
Ramiro Fernández Rey
Concelleiro de Deportes no Concello de Burela.