Co comezo do curso académico 2015-16 o Concello de Xove, a través da Concellería de Xuventude, pon en marcha unha nova liña de axudas consistente na subvención do 50% do prezo do Bono Bús para o transporte realizado pola empresa ARRIVA aos Campus de Santiago (Lugo e Santiago) e A Coruña (A Coruña e Ferrol), así como aqueles estudantes que cursan ciclos formativos que non se encontran en San Cibrao, Viveiro e Burela.
Estes bonos poden xestionarse directamente na Oficina Municipal de Información Xuvenil.
Xunto co resto de axudas destinadas aos estudantes, o Concello de Xove está mostrando, unha vez máis, o seu interese pola xuventude e a súa formación.