Burela, 24 de setembro de 2015.- O CD Burela FS Pescados Rubén estrearase na Copa do Rei fronte ao Parrulo FS, de Segunda, que quedou exento do inicio da competición; así o decidiu o sorteo da segunda eliminatoria celebrado este xoves na Cidade do Fútbol de Las Rozas.
Os equipos de Segunda División e Segunda División B foron designados como locais, sendo os dezaseis equipos de Primeira División os conxuntos que actuarán como visitantes nesta eliminatoria a partido único, que se disputará entre os días 29 e 30 de setembro.
“É unha eliminatoria complicada, cun só partido e como visitante. Para nós é un partido importante; debemos ir coa máxima concentración; na última Copa Galicia xa demostraron as súas armas” explicaba Daniel Ibañes.
Emparellamentos da segunda eliminatoria:
CD Olimpic de Triana Mundoseguros-Jaén Paraíso Interior
FS Silver Novanca-Levante UD Dominicos Maristas
AD Club Pío-Pío Temisas-FC Barcelona
CD Básico Futsal Talavera-Elpozo Murcia FS
Club Mosteiro Bembrive FS-Santiago Futsal
FS Pallejà- AE Palma de Mallorca FS de Manacor
CE Escola Pia- AE Palma de Mallorca FS de Manacor
Ziérbana FS-Ribera Navarra FS
Zamora FS-DLink Zaragoza
Carthago Sala 2013- FS Jumilla Bodegas Carchelo
CD Futsal Segovia Naturpellet- Peñíscola FS
CDE FS Ciudad del Vino-Elche FS SAD
Gáldar Cohesan FS-Movistar Inter
Nazareno Real Betis Balompié FS-CD U. Málaga
O Parrulo FS-CD Burela FS Pescados RubéN
Cidade de Narón-Magna Gurpea Navarra