Mondoñedo, 4 de setembro de 2015- O pintor Paulino Pérez Varela, expoñerá algúns dos seus cadros na sala de exposicións do Centro Comarcal de Mondoñedo coincidindo coa celebración das festas da “Virxe dos Remedios”.
A inauguración, que contará coa presenza do propio artista, sempre que a saúde llo permita, será o venres 11 de setembro, ás 19.00 horas, na que estará tamén a propia alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, e membros do goberno local.
O concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García Fernández, acudiu á casa do pintor laurentino para coñecer de primeira man a súa obra, e coordinar os preparativos da mostra.
A exposición poderá visitarse dende o venres 11 ata o luns 14 de setembro, en horario de 18.00 a 21.00 horas.
Os cadros deste veterano pintor combinan elementos paisaxísticos e costumbristas, tanto do campo como do mar, así podemos ver casas do Val de Lourenzá, como barcos no mar Cantábrico.