Lourenzá, a 2 de setembro do 2015.- A voceira do Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá, Emma Álvarez, denuncia que o Punto de Atención á Infancia iniciou o curso esta primeira semana de setembro coa plantilla incompleta.
Álvarez asegura que “dende o Grupo Municipal do Partido Popular lamentamos que a deixadez do Goberno teña como consecuencia que se inicie o curso escolar coa plantilla incompleta, precisamente porque unha traballadora está de baixa dende o mes de xullo”.
A popular explica que “tiveron todo un mes para facer un proceso de selección, pero, o pasotismo do Goberno socialista en Lourenzá fixo que iniciaran o proceso de selección de persoal o mesmo día que se abre o Punto de atención a infancia despois do parón do verán”. Aínda remata nestes días o prazo para anotarse no Servicio Público de Emprego para optar a un posto de interinidade por enfermidade e maternidade para o Punto de Atención a Infancia.
“Un goberno responsable iniciaría o proceso de selección no mesmo momento en que se coñece a baixa da traballadora titular, máxime si se ten en conta que como en todo inicio de curso, hai nenos que por primeira vez asisten ao centro e teñen que pasar un proceso de adaptación que necesita unha maior atención individualizada”, matiza.
A voceira lamenta que “a deixadez do goberno sufrirana as traballadoras do PAI que terán que dobrar o seu esforzo para poder atender as necesidades dos máis pequenos”. Por último, dende o Grupo Municipal do Partido Popular “pedímoslle á Sra. Alcaldesa que se centre na función de goberno, Lourenzá está caendo no desgoberno”.