Viveiro, 24 de setembro de 2015.- Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno, ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:
Os retablos situados na “Porta de Carlos I de España e V de Alemania” e na “Porta da Vila” atópanse nun lamentable estado de abandono e deterioro, dando unha mala imaxe tanto para os veciños/as de Viveiro como para os turistas que nos visitan. Adxuntamos fotografías para corroborar dito estado. Por esta razón rogamos á Sra. Alcadesa que adopte as medidas necesarias para proceder a sua limpieza e restauración por persoal especializado, posto que se trata de imaxes moi antigas e requiren un coidado especial.