O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, participaron este domingo nos actos con motivo da Ofrenda anual da antiga cidade de Mondoñedo e da Diocese á súa patroa, que tivo lugar no Santuario de Nosa Señora A Virxe dos Remedios en Mondoñedo. Este ano foi o alcalde de Vilalba, Gerardo Criado, o encargado da ofrenda; pero no acto tamén participaron outras autoridades.
