Lourenzá, a 18 de setembro do 2015.- O primeiro pleno ordinario da nova lexislatura no Concello de Lourenzá celebrábase este xoves. Durante o mesmo foron varios os asuntos tratados por iniciativa popular, entre eles, a petición do PP para aprazar a aprobación do regulamento de participación cidadá proposto polo PSOE, para que puidera ser analizado nunha comisión específica polos distintos grupos políticos e se avaliase o texto coas asociacións do concello, que van a verse moi afectadas polo seu contido.
Lamentablemente a intransixencia da alcaldesa serviu para, aplicando o rodillo da maioría absoluta rexeitar este chamamento á colaboración, diálogo e enriquecemento dun texto que o Grupo Popular entende moi mellorable pero tamén útil sempre que potencie a transparencia da información e das decisións e abra unha canle á cidadanía para trasladar as súas opinións e propostas
A ALCALDESA NÉGASE A POÑER EN MARCHA UN PROCESO PARTICIPATIVO
“Presumen de participación pero despois negan calquera proposta de mellora que realizamos. Este regulamento ten o calado suficiente para ser un decreto da corporación no seu conxunto, non só do alcalde de turno que responde a intereses partidistas”-explicou Emma Álvarez.
Ao non ser aceptada a proposta de aprazar a aprobación do Regulamento, o Grupo Popular presentou, a través da súa voceira, 25 emendas para debater nese momento e así, chegar a un punto de entendemento co grupo de goberno, sobre todo no tocante aos puntos que poden ser tachados de incostitucionais por vulnerar o dereito de igualdade que recolle a constitución. As emendas non se aceptaron a debate escusándose os socialistas en que hai que presentalas antes de iniciar o punto da orde do día, isto é, alegando unha cuestión de forma, á que nunca serviu de obstáculo para o debate cando o PP presidía o consistorio.
Ante esta clara intención de obstrución o Partido Popular anuncia que presentarán todas as emendas no período de exposición pública do regulamento.
EXENCIÓN DA TAXA MUNICIPAL PARA OBRAS DE REHABILITACIÓN
Noutro orde de cousas, aprobouse por unanimidade a ordenanza reguladora das bases para a concesión de subvencións da área de rehabilitación integral. Grazas a unha emenda presentada polos populares, todas estas obras de rehabilitación estarán exentas de taxa municipal.
Desde o PP lembran que o proxecto presentado polo anterior equipo de goberno –do Partido Popular- xa se propoñían que as rehabilitacións obxecto deste plan estiveran exentas de licenza municipal, motivado este feito na necesidade imperiosa de cambiar o aspecto do casco urbano onde a maioría das casas están sen habitar e con teitos e fachadas con síntomas de abandono. Os socialistas pretendían saltarse este precepto aprobado en pleno, claro que, nun pleno ao cal non asistíu ningún concelleiro socialista, mostra do interese que tiñan para eles os intereses dos seus veciños. A presión da voceira popular, despois dun breve debate, fixo posible que a intención que tiñan os populares cando estaban no goberno se manteña.
Desde o PP tamén explican que na Sesión plenaria celebrada o 16 de abril do 2015, solicitouse a incorporación ao Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal 2013-2016 no que se amplía o ámbito de actuación da área de rehabilitación integral existente.