Despois do roteiro literario Leiras Pulpeiro por Mondoñedo, Pasada das Cabras prepara unha viaxe a León para visitar a cova de Valporquero e realizar unha pequena ruta de 4 km de distancia e dificultade baixa o vindeiro sábado 12 de setembro. O prezo da actividade que inclúe viaxe en autobús, comida e seguro será de 25 euros para os socios e 30 para os non socios. A saída está prevista para as 07.00 horas dende a estación de autobuses de Burela. Os interesados en participar deben inscribirse contactando con Gráficas Arfe (982 580 504) antes do xoves 10 de setembro ás 20.00 horas.
Pasada das Cabras visita Valporquero