Tras a xuntanza que a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, mantivo a semana pasada co subdirector de Patrimonio, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural convoca unha xuntanza de traballo sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) que terá lugar este venres 4 de setembro en Santiago de Compostela e á que asistirán a propia alcaldesa, o arquitecto municipal e o equipo redactor do PXOM.
“Esta será a primeira xuntanza de traballo que se celebra dende o 14 de marzo de 2014 e con ela agárdase poder avanzar na tramitación do documento, de vital importancia para o desenvolvemento do municipio”, asegura a alcaldesa.