Mondoñedo, 7 de setembro de 2015.- A Comisión de Festas dos Remedios 2015 facilita o programa de actos que se desenvolverán na edición deste ano de ditas festas patronais.
Venres 11
Ás 19.00 horas; inauguración da exposición do pintor laurentino, Paulino Pérez Varela, na sala de exposicións do edificio do Centro Comarcal de Mondoñedo.
Ás 21.00 horas; disparo de potentes bombas que anunciarán o comezo das festas.
Ás 00.00 horas; FESTA DA XUVENTUDE na Praza do Concello cos seguintes DJs invitados: BEAT2BEAST, DAVID EXPÓSITO, DEEP LÓPEZ e ALBERTO LEIVAS.
Sábado 12
Ás 10.00 horas, Ruta de Sendeirismo, actividade libre e gratuita, A saída terá lugar da Praza da Catedral, será pola RUTA DA AUGA MONDOÑEDO, unha ruta sinxela, dunha duración aproximada de 3 horas.
Ás 13.00 horas; Un disparo de potentes bombas anuncia o segundo día das festas.
Ás 14.00 horas; Sesión Vermú a cargo de STEREO.
Ás 16:00 horas; no polideportivo Municipal partidos amistosos dos equipos de baloncesto da ED LOURENZÁ MONDOÑEDO contra o ENSINO de Lugo e presentación dos mesmos.
Ás 18.00 horas; No Campo Viñas da Veiga partido de fútbol de 2ª Autonómica entre os equipos Mondoñedo F. C e o C-D Alfoz.
Ás 19,00 horas; Na Alameda dos Remedios terá lugar un taller de bachata e kizomba a cargo da escola de baile RITMOLUGO. (En caso de choiva actuarán no Auditorio Municipal Pascual Veiga)
Ás 20.00 horas; Comezo da “5ª Xuntanza de Cantos de Taberna Cidade de Mondoñedo”. A saída terá lugar dende a Praza do Concello percorrendo distintos locales da cidade. Esta xuntanza está organizada pola Gaita Escola.
Ás 22.30 horas; Gran Festa – Verbena na Alameda dos Remedios coa actuación da orquestra STEREO.
Ás 00.00 horas; Actuación da cantante LUCÍA PÉREZ na Alameda dos Remedios.
Domingo 13
Ás 10.00 horas; Lanzamento de potentes bombas que anuncian o terceiro día de festas.
Ás 11.30 horas; Saída da Comitiva da Casa do Concello cara ao Santuario de Nosa Señora dos Remedios, acompañada da Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación Provincial de Ourense dirixida por D. Xosé Luis Foxo, para asisitir á MISA DE OFRENDA que presentará o Ilmo. Sr. Alcalde do Excmo. Concello de Vilalba.
A Misa será cantada pola Coral Polifónica de Vilalba.
Seguidamente terá lugar a PROCESIÓN polo itinerario de costume, acompañada pola Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación Provincial de Ourense.
Ás 13.45 horas; Concerto da Real Banda de Gaitas da Excma. Deputación Provincial de Ourense dirixida por D. Xosé Luis Foxo na Alameda dos Remedios (en caso de choiva terá lugar no Auditorio Municipal Pascual Veiga).
Ás 14.15 horas; Sesión Vermú coa Orquestra GALILEA.
Ás 19.00 horas na Plaza do concello, actuación do espectáculo “PIRULETA”, humor, circo e magia, para todos os públicos.(En caso de choiva actuará no Auditorio Municipal Pascual Veiga)
Ás 22.00 horas; Gran Festa – Verbena na Alameda a cargo das Orquestras GALILEA e COSTA OESTE.
Luns 14
Ás 12.30 horas; MISA DE COFRADES no Santuario de Nosa Señora dos Remedios.
Ás 13.30 horas; Sesión Vermú amenizada pola orquestra
NUEVA GENERACIÓN.
A partir das 17.00 horas; Día d@s Nen@s nas barracas ubicadas na Alameda dos Remedios. Os rapaces e rapazas poderán disfrutar dunha xornada na que haberá unha reducción da entrada das atraccións da Alameda.
Ás 21,00 horas; Festa – verbena a cargo de NUEVA GENERACIÓN.
O pintor laurentino, Paulino Pérez Varela, expoñerá a súa obra durante as festas patronais, na sala de exposicións do edificio do Centro Comarcal de Mondoñedo, no seguinte horario: do venres ao luns, de 18.00 horas a 21.00 horas.






















A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



