Viveiro, 24 de setembro de 2015.– Belinda Bermúdez Otero, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación o seguinte ROGO para o próximo Pleno, ó obxecto de evitar malos entendidos:
Nas festas de Xunqueira a Cofradía de Valdeflores enviou unha invitación ó Concello convidando á Corporación Municipal para asistir á misa e procesión. O noso partido político non foi informado de dita invitación por ningún membro do grupo de goberno, o cal nos fai dubidar si anteriormente fomos convidados a algún outro acto e non se nos comunicou. Non entendemos os motivos polos que non se nos avisou.
Por todo o exposto, é polo que lle rogamos á Sra. Alcaldesa que cando envíen unha invitación ó Concello para toda a Corporación se nos avise, e en caso de ter sucedido con algunha outra invitación ata a data de hoxe nos indique cales foron.