Mondoñedo, 6 de setembro de 2015.- A Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo colabora coa Comisión de Festas dos Remedios coa elaboración da Ruta da Auga o día 12.
A saída para a Ruta é ás 10 da mañá da praza da Catedral. Serán tres tipos de rutas segundo os niveis:
Ruta para nenos e pais: fan a ruta da Auga ata o Salto do Coro e volven pola estrada de Argomoso.
Ruta de 5 quilómetros. Mesmo percorrido que a ruta para os nenos e pais.
Ruta e suba polas Sete Voltas.
Colaboran na organización da Ruta a Comisión dos Remedios e Protección Civil de Mondoñedo.
Todos os que se queiran apuntar poden facelo acudindo ao lugar de saída no horario indicado (Praza da Catedral ás 10 da mañá).
Na suba ao Salto do Coro a organización dará augas e froita aos participantes para repoñer forzas.