A vindeira fin de semana do 19 e 20 de setembro o grupo de montaña do Club Deportivo Marqués de Casariego desprazarase ao Macizo Central de Picos para realizar a ruta a Peña Vieja. Trátase dunha ruta de montaña 100% (no apta para tódolos públicos) como veñen sendo todas as que realizamos nestas datas con motivo do Memorial de Fernando Iglesias. Informes e inscricións ata o xoves 17 de setembro nos teléfonos 689 175 515 (José Luis), 659 000 707 (Javi) e 608 540 828 (Eva) ou do enderezo electrónico cdbmarquesdecasariego@gmtapia.es. O prezo da actividade será de 45 euros para os socios colaboradores, 55 para os non colaboradores e 70 para os non socios incluída a viaxe – con paradas en Salcedo e Viesques (Gijón)- e aloxamento con cea e almorzo no Hostal Puente Deva.
Ruta Peña Vieja no Memorial Fernando Iglesias
Ruta Peña Vieja no Memorial Fernando Iglesias
Relacionado
-
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou este luns “o valor do traballo artesanal e o compromiso coa calidade” que representa a queixería Don Crisanto de Vilalba, trasladando os parabéns a esta empresa familiar polo recoñecemento recibido nos Premios Alimentos de España 2025
-
Semana de intensa actividade no Vicedo
-
Este domingo tiveron lugar en Ribadeo a misa e a procesión na honra da Virxe do Carme