O III Open de Padel de Xove finalizaba o 6 de setembro despois de 3 xornadas nas que as Pista de Padel Municipal de Xove, ao carón da Piscina Municipal, acolleron a competición.
O mesmo que a edición do pasado ano, houbo tres categorías: 1ª e 2ª categoría masculina e categoría mixta. Os gañadores/as foron:
CATEGORÍA MIXTA:
Primeiros clasificados: Luís Vale Giz e Cristina García López
Segundos clasificados: Amadora Chao López e Jesús Gradaílle Martinez
2ª CATEGORÍA MASCULINA:
Primeiros clasificados: Pablo Franco Vidal e Gonzalo López-Santos Núñez
Segundos clasificados: José Ángel García González e Juan Carlos López González
1ª CATEGORÍA MASCULINA:
Primeiros clasificados: Marcelo Gradaílle Chao e Joel García Galán
Segundos clasificados: Diego Arca Uría e José Antonio Fernández Martín
Ó remate da competición a organización entregou premios aos finalistas de tódalas categorías. Neste acto estiveron presentes a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias e a Concelleira de Servizos Sociais Ana Abad.
Este evento, que por terceiro ano consecutivo organizou a Concellería de Deportes do Concello de Xove, contou tamén co patrocinio da empresa SIUX.