Ferreira do Valadouro, 8 de outubro de 2015.- A Asociación de Apicultores de Galicia, dentro do programa de actos da XXVIII Feira do Mel do Valadouro, imparte este sábado 10 no salón de actos da Casa da Cultura de Ferreira unha conferencia titulada “Stop vespa velutina”. A cita será ás 17:00 horas.
O acto constará do seguinte programa:
1.-O que compre saber sobre a vida e comportamento da Vespa Velutina Nigrotorax.
2.-O avespón asiático unha ameaza real. Colectivos afectados.
3.-Como comportarse ante a presenza da V.Velutina.
4.-Vixianza e control, colocación de trampas para capturar raÍñas fundadoras na primavera, eliminación de niños no verán e outono, quen deberá facer esta labor.
5.-Demostración de elaboración de trampas e atraentes para capturar raíñas fundadoras.
A charla vai dirixida a todas as persoas interesadas e en particular a apicultores e apicultoras que queiran poñer en práctica medidas de control nos seus colmeares.