Lugo, 2 de outubro de 2015.- En relación coas informacións do Grupo Provincial Socialista sobre a colaboración económica da Deputación, o Goberno provincial quere aclarar que:
1.- Tal é como xa denunciaron os populares na oposición, o PSOE non está lexitimado para dar leccións de reparto de fondos públicos, cando na última lexislatura repartiron entre concellos afíns o 93% dos fondos concedidos de xeito excepcional. Provocaron un gran desequilibrio territorial existente no reparto de fondos públicos e só o esforzo dos alcaldes permitiu facerlle fronte a estas restricións.
2.- O PSOE converteu a Deputación nun instrumento de desequilibrio, para facer un Lugo de dúas velocidades, ata o punto de crear situacións tan insólitas como que concellos da provincia realizasen achegas económicas á Deputación, en concepto de pagos de impostos e taxas, que superaban a contía concedida dende a administración provincial ao municipio.
3.- Esta é a realidade, utilizaron sempre a Deputación ao seu servizo, e agora a súa falta de moralidade lévaos a criticar a xestión dun Goberno popular que recibiu a todos os alcaldes, excepto aos que non quixeron vir, como foi o caso da alcaldesa de Lugo, ao igual que os eventos que solicitaron axuda económica, como o de Pedrafita, tamén recibiron colaboración por parte da Deputación.
4.- A maiores, son moitas as cifras que se poden dar e que demostran este feito. Na Xunta de Goberno do día 22 de maio de 2015, aprobaron 1.387.034,00 euros, para concellos da súa mesma cor política, o mesmo se deu na do 15 de maio, onde concederon 615.000 euros só para concellos do PSOE. En total, en apenas dous días, 2.002.955 euros foron para municipios en mans de PSOE.
5.- Non hai ningún dato obxectivo que poida acreditar que só axudamos aos concellos do PP e de facelo, estariamos a garantir un reequilibrio de fondos públicos, xa que os gobernos do PP durante oito anos non recibiron axuda algunha por parte do anterior Goberno socialista. Non se estarían a marxinar aos concellos, estaríanse a cumprir coas competencias de cooperación e colaboración con todos os concellos e equilibraríamos discriminacións.









Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



