Ó longo dos moitos quilómetros do concello de Foz transcorre a liña de tren pertencente a FEVE. En distintas partes, para salvar estas liñas, discorren estradas de propiedade da Xunta de Galicia, do Estado ou mesmo de titularidade municipal. Todas estas estradas como sabemos teñen unhas pontes e esas pontes unhas varandas para a seguridade viaria e máis dos peóns. Durante os últimos tempos comprobamos que estas varandas sufriron un importante desgaste e corrosións polo paso dos anos e pola súa falta de mantemento.
É por iso polo que o grupo municipal de Foz Plataforma de Futuro propón á Corporación Municipal a aprobación dun acordo polo que se “inste a FEVE a que faga un repaso de todas estas varandas e proceda á súa reparación, ou no seu caso á súa substitución, segundo sexa necesario, para o seu correcto mantemento e pola seguridade de todos”.