Mondoñedo, 28 de outubro de 2015.- A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia que o Goberno municipal levará ao próximo pleno local unha iniciativas a través da que propón que se elimine o pago de licenza de obra polos arranxos de cubertas e de fachadas de vivendas que se atopen nun estado de ruína.
Candia defende que as administracións deben liderar propostas para incentivar que os propietarios poñan en valor os seus inmobles. “Ademais de ser bo individualmente para os donos das vivendas, o feito de que estean arranxadas tamén acaba sendo un beneficio para toda a cidade”, engade. Mondoñedo conta cun importe número de inmobles en mal estado que “ademais de non ser bo esteticamente, tamén pode chegar a afectar á seguridade de veciños e de inmobles colindantes”, matiza.
A alcaldesa de Mondoñedo lembra que é un compromiso do Goberno do Partido Popular local incentivar o arranxo das vivendas e, do mesmo xeito, dende a administración tamén pretenden colaborar e “ofrecer posibilidades aos propietarios que prefiran desfacerse dos seus inmobles”. Así, a moción plenaria tamén inclúe unha segunda proposta, a de crear por parte do Concello un censo de vivendas en venda que sería publicado na páxina web oficial.
Sinatura de convenio
A alcaldesa de Mondoñedo tamén lembra que onte asinou un convenio coa Xunta de Galicia e co Ministerio de Fomento, regulador dunha subvención de 111.750 euros, dirixida a colaborar coas actuacións de rehabilitación executadas polos propietarios de vivendas emprazadas na área de rehabilitación.
Por último, Candia anuncia tamén que se está a traballar en máis medidas dirixidas á rehabilitación de vivendas e que se está en contacto con entidades financeiras.










O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



