A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, reuniuse este venres cos 20 alumnos traballadores do obradoiro de emprego Río Sor III, así como os seis traballadores que conforman o cadro de persoal, para recabar a súa valoración sobre o desenvolvemento do plan formativo, que a Xunta financia con preto de 180.000 euros, cando están a punto de chegar ao seu ecuador.
No Rio Sor III estanse a impartir dúas especialidades. Unha é a de traballos de carpintería e moble, á que están adscritos unha ducia de alumnos traballadores e que están a realizar o mobiliario urbano (bancos, papeleiras, mesas, cubrecontenedores…) que con posterioridade instalarase en diversos lugares dos respectivos municipios.
A outra especialidade que se está a impartir é atención sociosanitaria a persoas en institucións, no que participan os oito alumnos traballadores restantes, que están a realizar as súas prácticas na residencia Betania, ubicada en Viveiro.