Camiño Norte, Feitizo da Natureza, a través do que Fundación Imdecum promoverá o Camiño de Santiago de Compostela e o turismo en familia na bisbarra, recibiu solicitudes dende Cantabria e Asturias, ademais de Galicia. A iniciativa, que conta co apoio da Mancomunidade da Mariña Lucense ademais da colaboración da Asociación de Amigos do Camiño Norte e estaba prevista para esta fin de semana, trasladará a peregrinaxe pola ruta xacobea da Mariña aos días 13, 14 e 15, ante a demanda das familias interesadas en participar.
O proxecto ofrece a posibilidade de imbuírse da beleza paisaxística, cultural e artística da comarca, unha riqueza accesible para calquera visitante en calquera época do ano, percorrendo as etapas de Ribadeo-Lourenzá e Lourenzá-Abadín, xunto á variante marítima facendo parada obrigada na praia das Catedrais e na basílica de San Martiño de Mondoñedo, ademais da ruta que une Abres con Lourenzá a través de Trabada.
A actividade é totalmente gratuíta e aínda dispón de prazas libres. Ata o venres 9 de novembro, as familias interesadas en descubrir a maxia do Camiño Norte poden formalizar a súa solicitude para participar na actividade na sede da Fundación Imdecum (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela) ou a través de contacto@imdecum.com. Entre os solicitantes terán prioridade familias numerosas, monoparentais ou con algún membro con discapacidade.











O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



