Lugo, 3 de outubro de 2015.- 1.- http://bit.ly/1QQhV4K
Tal e como se pode comprobar nesta ligazón á acta oficial da Xunta de Goberno do 7 de agosto, publicada na páxina web da Deputación de Lugo, as primeiras subvencións que concedeu a Presidenta Comisionista e Caciquil foron a Concellos do PP. Concretamente, a Foz e Antas de Ulla por valor de 18.000 euros. Trátase do punto 3 dos acordos de dita sesión. Polo tanto, Candia mentiu cando asegurou que as súas primeiras axudas foron para Pedrafita do Cebreiro e Negueira de Muñiz porque, ademais disto, estas xa estaban consignadas. O único que fixo a Presidenta Comisionista e Caciquil foi fotos cos Alcaldes.
2.- http://bit.ly/1j69M1F
Tal e como se pode comprobar nesta ligazón á acta oficial da Xunta de Goberno do 25 de setembro, publicada na páxina web da Deputación de Lugo, Candia xa repartiu máis de 1,3 millóns de euros entre 7 Concellos do PP, entres os que están os municipios dos que Candia e Deputados Provinciais do Partido Popular son Alcaldes. (Mondoñedo, Baralla, Taboada, O Saviñao, Paradela, Riotorto e Portomarín). A Presidenta Comisionista e Caciquil aprobou estas subvencións pola porta de atrás, pois incluínas nos Asuntos de Urxencia da Xunta de Goberno, que son os últimos do documentado da ligazón apuntada. É dicir, Candia tentou ocultar este reparto partidista e a súa nova artimaña caciquil. Con todo, esta información fíxose pública esta mesma semana unha vez que o departamento de Actas da Deputación subiu á web provincial os asuntos aprobadas na última Xunta de Goberno, labor que os profesionais desta área realizan dende que así o estableceu o Goberno de Besteiro.
3.- Coñecido esta semana o acontecido na Xunta de Goberno do 25 de setembro, é dicir, a aprobación pola porta de atrás do reparto de cartos públicos entre Concellos amigos do Partido Popular, véxase o caso de Mondoñedo con máis de 300.000 euros, Deputados do PSOE reclamaron ter acceso aos asuntos da Xunta de Goberno de onte, 2 de outubro. O Secretario e o departamento de Actas facilitou a documentación oficial aos socialistas, podendo comprobar que a Presidenta Comisionista e Caciquil tiña prevista aprobar 11 convenios por un valor superior aos 2,5 millóns de euros para máis Concellos do PP, entre os que tamén están municipios dos que Deputados Provinciais populares son Alcaldes. (Castro de Rei, Barreiros, Begonte, Bóveda, Guntín, Outeiro e Rei, O Saviñao, Taboada, Vilalba, O Vicedo e Xove). Polo de agora, Candia non conseguiu culminar esta nova artimaña caciquil e partidista porque os propios técnicos provinciais a frearon ao alegar dúbidas que supuxeron que estes 11 convenios quedasen sobre a mesa da Xunta de Goberno de onte. Con todo, Candia convocou unha Xunta de Goberno Extraordinaria para o vindeiro martes, 6 de outubro, para aprobar convenios con Concellos, tal e como se pode comprobar na seguinte ligazón á páxina web da Deputación http://bit.ly/1OO0kwP
4.- Polo tanto, o Grupo Provincial Socialista reafirma e demostra que a Presidenta Comisionista e Caciquil tenta repartir 4 millóns de euros entre 18 Concellos do Partido Popular. Pola porta de atrás, Candia xa conseguiu repartir máis de 1,3 millóns de euros entre 7 municipios do PP, entre os que está Mondoñedo. Frustrado o seu intento de onte de repartir unha nova cantidade superior aos de 2,5 millóns de euros entre máis municipios gobernados polo PP, os socialistas están en alerta ante o que a Presidenta Comisionista e Caciquil tenta facer na sesión extraordinario que convocou para o vindeiro martes.