Viveiro, 31 de outubro de 2015.- Sábado 7: Sarabela Teatro. O último dragón. RGTA
Lugar: TPD
Hora: 18.00 h
Clasificación: Teatro / Comedia
Duración: 50 min
Público: Infantil 5 a 11
Ficha artística
Obra/Espectáculo: O último dragón
Autor: Fina Calleja
Dirección: Fina Calleja
Adaptación: Fina Calleja
Escenografía: Suso Montero
Deseño son: Renata Codda Fons
Deseño iluminación: Pedro Fresneda
Vestiario: Ruth D. Pereira
Música: Rennara Codda Fons
Elenco artístico
Fernando Dacosta como chambelán e o neno Telmo
Nate Borrajo como a princesa Celia
Sabela Gago como a raíña nai
Elena Seijo como carteira real
Elena Seijo e Sabela Gago como manipuladoras.
Fernando Dacosta como voz do dragón.
Sipnose:
O dragón da nosa peza non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie por que os tempos nos que os dragón eran tan corrientes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con él e cumplir así a tradición, o noso amigo négase a moverse: Para que vou eu querer unha pincesa? dí.
Para comela, non? contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz.
Un corno vou comela _dixo o dragón molesto pola insistencia dos mozos_. Nin sequera se me ocorriría tocar unha cousa tan horrible!
Baixo unha estructura clásica, relendo e inspirándonos en autores como E. Nesbit ou Kenneth Grahame, construimos unha brincadeira na que nada é o que parece. En tempos de cabaleiros e torneos a princesa Celia o seu amigo Telmo, príncipe interino, e o noso dragón protagonizan unha historia de amizade, reivindicando o pacifismo e a tenrura como fómula ideal para relacionarse.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



