O vindeiro xoves, 12 de novembro de 2015, a partir das 09.00 horas, procederase ao corte de tráfico da Avda. de Cervantes a causa das obras de pavimentación, dotación de mobiliario e mellora de servizos que se está executando nesa vía. O corte de tráfico afectará ao tramo comprendido entre as escaleiras de San Francisco e a intersección da Praza de Juan Donapetry.
A partir dese día, os vehículos entrarán pola rúa Benito Galcerán (Río dos Foles), pasando por Rego das Frores ata a Praza Juan Donapetry e a rúa Nicolás Cora. Para isto, instalarase un semáforo entre a rúa Benito Galcerán e Rego da Frores, habilitando o dobre sentido de circulación nese tramo e prohibindo o estacionamento na marxe esquer-da do vial dirección Rego das Flores-Juan Donapetry.
Este corte de tráfico non influirá no percorrido do bus escolar.
Dende o Concello de Viveiro piden “desculpas polas molestias que se poidan ocasionar, indicando que a Policía Local estará a disposición dos afectados informando de calquera cuestión relacionada co corte de tráfico referido”.