Foz, 18 de novembro de 2015.- A concelleira de Cultura de Foz, Silvia Blach, deu conta na mañá deste mércores das actividades culturais das que poden gozar os veciños e visitantes do municipio durante os próximos días. Inclúen propostas como teatro, exposicións, un certame de postais de Nadal e a continuación das charlas médicas iniciadas o pasado xoves.
“Mañá, día 19, seguimos coas charlas médicas, que xa comezamos o xoves da semana pasada. É as 20 horas na Casa da Cultura e falaremos dos coidados ao final da vida, os coidados paliativos. Para iso imos ter á doutora Belén Fra e á enfermeira Mar Pérez, que nos falarán do que hai que facer. Teremos unha quenda de preguntas para que a xente poida formularllas aos facultativos e lles expliquen todas as súas dúbidas”, comentou a concelleira Silvia Blach.
As actividades continúan este venres, 20 de novembro. “Ás 21 horas teremos teatro nas parroquias, esta vez en Santa Cilla, no local social. A obra vaina realizar o grupo de teatro O Centiño e vai ser O caldeiro máxico”, detalla a edil.
O sábado, 21 de novembro, a Sala Bahía acollerá o tradicional concerto de Santa Cilla da Banda de Música de Foz. O recital, que conmemora o día da patroa dos músicos, terá lugar ás 20:30 horas.
O día 26 celebrarse a última charla médica do ciclo organizado polo Concello e o Hospital da Costa, que abordará o tema da automedicación, Impartirá a última conferencia Concepción Castro, especialista en farmacia hospitalaria.
Ao día seguinte, o domingo 27, o Cenima acolle a partir das 20 horas o concerto do Grupo de Corda do Conservatorio de Viveiro.
Silvia Blach aproveitou a ocasión para lembrar outras tres actividades en marcha estes días no municipio: “temos ata finais de mes no Cenima a exposición Or@perucita; está aberto no Concello o concurso de postais ata o día 26, no que todos os pícaros que queiran participar poder facer o seu debuxo e a postal gañadora vai ser a que o Concello de Foz envíe como felicitación este ano; e xa está aberto o prazo para presentarse ao Rei ou Raíña do Entroido ata o día 23 deste mes e os que queiran simplemente teñen que enviar dúas fotos recentes e un pequeno escrito onde se nos diga por que queren ser Reis ou Raíñas do Entroido e que significa para eles”, concluíu a concelleira.







A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.