A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, en nome do Concello, felicita publicamente a Ramón Pernas pola concesión do Premio Café Varela.
“Este galardón, que debe súmase á extensa lista de recoñecementos recibidos, é unha nova mostra da profesionalidade e calidade literaria do xornalista, escritor, editor e guionista viveirense. Tanto polos seus traballos como crítico literario, articulista ou editor coma pola súa extensa bibliografía, Ramón Pernas é máis que merecedor deste premio literario, creado en 2014 para revitalizar a imaxe literaria do Café Varela”.