Burela, 27 de novembro de 2015.- Este venres pola mañá estivo instalada en Burela unha mesa informativa con motivo da celebración da Semana Europea da Prevención de Residuos. “Nela informouse á xente de como separar correctamente o lixo, e para facilitarlles esta tarea entregáronselles tres bolsas (vidrio, envases e papel e cartón). Ademais de fomentar a separación do lixo no fogar fíxose fincapé na necesidade de producir menos lixo, sobre todo de tipo alimentario, e déronselles sinxelos cosellos para tirar menos comida”, segundo explican as monitoras de Gaia, que responderon a tódalas dúbidas a cerca da reciclaxe que os que se acercaron ata a mesa tiñan.
Mesa informativa sobre reciclaxe de residuos en Burela
Mesa informativa sobre reciclaxe de residuos en Burela
Relacionado
-
Acisa Ribadeo celebra o día da nai repartindo na rúa un centenar de caraveis entre as mamás que se atopou ao seu paso, a pesar da choiva
-
Suspendido polo mal tempo o III Mercado “Aos Pés de Cornería” en Vilaronte de que se ía celebrar este domingo, 5 de maio
-
Co gallo do Día de Europa, Estefanía Molina impartirá unha conferencia na UNED de Lugo