O pasado sábado as atletas do Maderas Barcia participaban na Liga Galega Federada Norte (Coruña e Lugo) cos equipos benxamín, alevín e infantil. Mentres, ó mesmo tempo, en Ourense, se xogaba a Liga Sur. Os dous primeiros equipos clasificanse para a Final Galega que será nas vindeiras datas en Riazor.
A sorpresa caía do lado do equipo benxamín laurentino, que lograba o subcampionato e o acceso á final galega.
Benxamín
50 lisos:
Noemí Huertas: 4ª. 9,59
Emma García: 12ª. 10,61
500:
Henar Méndez: 6ª. 1,57
Aroa Glez: 11ª. 2,06
1000:
Iria Rguez. 1ª. 3,57
Noa Valiña. 5ª. 4,28
Altura:
Iria Rguez. 5ª. 0,85
Noa Valiña. 6ª. 0,85
Lonxitude:
Henar Méndez. 2ª. 2,78
Aroa Glez. 5ª. 2,36
Peso:
Emma García. 11ª. 2,65
Noemí Huertas. 13ª. 2,50
CLASIFICACIÓN FINAL
1º MILLARAIO. 128,5 PUNTOS
2º MADERAS BARCIA LOURENZÁ. 117,5 PUNTOS.
3º.RIAZOR CORUÑA. 110 PUNTOS.
Infantil
60 lisos:
Ainara Rguez 1ª – 8,57
Alba Alonso. 8ª. 9,61
500 lisos:
Ainara Rguez. 2ª. 1,26
Hiba Bouyzar. 10ª. 1,42
1000 lisos:
Ana Vallines: 1ª. 3,28
Carme Alonso. 10ª. 3,41
60 Vallas:
Ainhoa López. 4ª. 12,25
Alba Alonso. 10ª. 12,89
Altura:
Ana Vallines. 3ª. 1,32
Lonxitude:
Ainhoa López. 4ª. 3,57
Marta Alonso. 13ª, 2,94
Triple:
Mariña Salvatierra: 14ª. 6,85
Marta Alonso: 13ª. 6,26
Peso:
Mencía Mtnez.-Sierra: 1ª. 7,12
María Vallines. 2ª. 6,90
Relevos: Carme, Hiba, Mariña, Uxía: 5ª Posición: 53,80.
Por equipos, o infantil feminino obtiña o quinto posto con 220 puntos, a 3 puntos do terceiro, o Millaraio de Santiago con 223.
Alevín
60 lisos:
Diana Lastra. 4ª. 10,24
Jimena Otero. 12ª. 11,68
500 lisos:
Diana Lastra. 9ª. 1,58
1000 lisos:
Cecilia Gómez. 10ª. 4,16,58
Valeria Álvarez. 14ª. 4,24
Altura:
Carmen García. 6ª. 1,05
Valeria Álvarez. 11ª. 0,95
Lonxitude:
Carmen García. 10ª. 2,70
Cecilia Gómez. 17ª. 1,98
Peso:
Jimena Otero. 8ª. 4,70
Mara Maside. 15ª. 3,20
CLASIFICACIÓN FINAL ALEVÍN: 8ª CON 84,5 PUNTOS





















O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
