Lourenzá, 9 de novembro de 2015.- O domingo 8 de novembro o Club Atletismo Lourenzá viaxaba a Cangas do Narcea (Asturias) para participar no III Trail Tierras Pésicas. Os atletas Gavin e Karina participaban no SPEED TRAIL (10km) mentres Marcos, Pablo, Ruben Mendez, Marisa, Loli e Rocío participaban formando equipo no TRAIL longo de 25 km cun desnivel acumulado de case 3000 metros, alcanzando o segundo posto detrás dos compañeiros de A.D. MOAL.
Marcos entraba no posto 10 da xeral (noveno senior), mentres Marisa e Loli entraban en meta como oitava e novena senior femininas.
Durísima carreira na que o Atletismo Lourenzá se proclamaba subcampión tras gañar unha altitude máxima de 1163 metros cun desnivel positivo de 1589 metros.