Martes 17 de novembro. O Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2015, baixo a organización de Imdecum, volverá aos centros de ensino secundario da Mariña combinando obradoiros de fotografía e vídeo cun atractivo concurso final. Co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo, o festival Imaxiña incluúe en 2015 a participación dos IES de Foz e Perdouro de Burela, para que o seu estudantado se achegue ao mundo da imaxe.
A Fundación Impulso ao Deporte, Cultura e Turismo na Mariña presentou esta mañá o Imaxiña 2015, na súa sede, en Burela. O presidente da entidade, Marcelino Luna Almarza, estivo acompañado polo artista burelao Davi Xino, que apadriñará a quinta edición do festival, coa colaboración do realizador audiovisual focego Manuel Gil.
O alumnado de Foz e Perdouro poderá dar renda solta á súa creatividade a través do concurso final, en dúas categorías, fotografía e vídeo, ata o 30 de decembro; esta fase tamén estará aberta para os centros que participaron en edicións anteriores, Monte Castelo (Burela), Marqués de Sargadelos (San Cibrao), Vilar Ponte (Viveiro), Dionisio Gamallo (Ribadeo), María Sarmiento (Viveiro), Illa de Sarón (Xove) e Alfoz-O Valadouro. Coa chegada de 2016, a Fundación Imdecum fará público o nome dos gañadores, que recibirán unha cámara fotográfica como premio, na exposición dos traballos seleccionados.
Historia do festival
En 2011, o festival Imaxiña deu os seus primeiros pasos descubrindo o mundo do audiovisual no IES Monte Castelo, a través dun obradoiro creativo de vídeo ‘Fotografía en Movemento’, coa participación do pintor xovense Xoán Guerreiro, a comunicadora cervense Sabela Blanco e o profesor de Debuxo e Artes do Monte Castelo Pedro Cabarcos, ademais dunha charla sobre fotografía da reporteira gráfica de La Voz de Galicia Pepa Losada. Na segunda edición, a iniciativa, coa colaboración fotógrafo focego Xulio Villarino, estendeuse aos IES Marqués de Sargadelos, Vilar Ponte e Dionisio Gamallo Fierros, cunha excelente resposta no concurso, con fermosas e orixinais visións da Mariña. En 2013, incorporáronse o María Sarmiento e o Illa de Sarón, nunha edición apadriñada polo polifacético artista viveirense David Catá. O ano pasado, os fotógrafos Marián G. Mesa e Héctor Manasé compartiron a súa percepción artística co IES Alfoz-O Valadouro, cunha gran resposta por parte do seu alumnado.
Premios 2014
A edición de 2014 resolveuse con dobre premio na categoría de Fotografía, cunha instantánea de campo, cun parella de animais moi especial como protagonista, de Raúl Sánchez Fernández, de 3ª ESO do IES Alfoz-O Valadouro, e coa imaxe dun faro, de Javiera Duarte Araya, de 2º BAC do IES Monte Castelo. Tamén resultaron finalistas traballos de Sandra Gómez Daura, de 3ª ESO do IES Alfoz-O Valadouro, e de Andrés Álvarez Rodríguez, de 2º BAC do IES Ribadeo. O xurado do concurso decidiu declarar deserta a vertente de Vídeo.






















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



