Cun primeiro cuarto igualado entre as júnior do Terras da Mariña Lourenzá e o Ensino Lugo que pechaba con 15-14, o segundo cuarto das laurentinas estivo marcado polos fallos en defensa cos que se marcaban un parcial de 10-15.
O mellor cuarto das locais chegaría no terceiro onde lograron moitos rebotes ofensivos con acerto de cara á canasta ata sacar 8 puntos de vanxaxe (21-11 no parcial) que non lograron aguantar no cuarto. As lucenses souberon aguantar e venceron grazas a un último parcial de 14-24. de 60-64.
O adestrador asegura que “as faltas de concentración en momentos clave fixéronnos moito dano”.
A máxima anotadora foi Carla con 27 puntos seguida de Claudia con 15. Gema anotaría 5 para as locais; mentres que Minerva e Natalia anotarían 4 cada unha; Antía 3 e Rosalía 2.