Lourenzá, 3 de novembro de 2015.- A Asociación de Sendeirismo “Terras de Lourenzá” presenta a ruta do mes de novembro, a penúltima do calendario que programaron para este ano 2015. Nesta ocasión desprazaranse á provincia de Ourense, onde realizarán a ruta da “Senda do Arenteiro” (PR.G-79).
Trátase dun percorrido lineal, de 12 kms e dificultade media-baixa, que os levará dende Carballiño ata Pazos de Arenterio, seguindo o río Arenteiro, e que lles permitirá desfrutar, non só de fermosas paisaxes naturais en pleno outono, senón de diversas belezas arquitectónicas.
Esta andaina será o sábado, 14 de novembro, e a saída de Lourenzá está prevista para as 7 da mañá. No prezo (de 35€ para socios e 40€ para non socios) inclúese o transporte en autobús, así como a comida, que realizarán nO restaurante-pulpería A FUCHELA.
O prazo para anotarse remata o xoves, 12 de novembro. Para as inscricións poñen a disposición dous números de teléfono: 636 49 64 48 (Marifé) ou 636 67 95 12 (Pepe); así como o correo da Asociación: terrasdelourenza@gmail.com






















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



