Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2015.- Os comercios do noso país levan varios días anunciando grandes rebaixas de cara ó Black Friday, unha data significativa na que os diferentes establecementos comerciais buscan captar a atención dos usuarios e incentivar a compra dos seus produtos. A empresa Media Markt é unha máis das moitas que se suman á celebración desta ‘festa’ tipicamente estadounidense ofertando atractivas rebaixas.
Este venres, Unión de Consumidores de Galicia recibiu queixas dos seus asociados nas que expresaban o seu descontento con Media Markt e a súa política de prezos nestas datas. Os consumidores acusan á empresa de inflar os prezos dos seus produtos durante os días previos ó Black Friday para logo, facer unha rebaixa mínima o día en cuestión.
UCGAL considera que a modificación significativa dos prezos en véspera do Black Friday en relación cos prezos que os mesmos produtos ofertados tiñan en datas previas a dito acontecemento é unha práctica comercial desleal que supón un prexuízo para os intereses económicos das persoas consumidoras.
Por todo isto, esta organización considerou pertinente presentar unha denuncia ante o Instituto Galego de Consumo e o Tribunal Galego de Defensa da Competencia contra Media Markt.










A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.



