Lugo, 22 de decembro de 2015.- Un centenar de persoas maiores de 55 anos participaron na Xornada de Nadal: Son e Recordos celebrada, este martes 22 de decembro, no Centro de Innovación Social, InLugo, que xestiona a Fundación TIC. Os asistentes tiveron ocasión de achegarse ás novas tecnoloxías a través da música, crear unha tarxeta para felicitar estas festas e recibir consellos sobre alimentación saudable dun xeito didáctico e lúdico.
O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, Darío Campos, foi o encargado de entregar os premios aos tres gañadores do concurso-obradoiro O Apalpador TIC. O taller de fotografía dixital desenvolveuse este mes nas aulas do InLugo. e foron os propios participantes os que elixiron as votaron a mellor fotografía do grupo.
A festa coa que culminaron as actividades do último trimestre de 2015 no InLugo incluíu un almorzo e unha merenda para por en práctica os consellos dados por unha experta en nutrición, no taller Nadal Saudable, que nos últimos días percorreu tamén varias localidades da provincia.
Música e postais de Nadal
A música foi a protagonista da xornada, na que os maiores descubriron novas aplicacións nas súas tablets para interpretar panxoliñas, e outras composicións musicais a través das notas de instrumentos como o piano e a guitarra. Os participantes levaron un recordo en forma de fotografía tomada diante dun croma con paisaxes nevados e outros motivos de Nadal, coa que poderán felicitar estas festas. As instantáneas, que levaron impresas, formarán parte da galería fotográfica das redes sociais vinculadas á Fundación TIC.
Exposición e premios
Durante toda a xornada permaneceu aberta a exposición do obradoiro-concurso O Apalpador TIC , que impartiu o fotoxornalista José Luís Rodríguez “Pradero”, nas instalacións do InLugo.
Ao finalizar o taller, os propios participantes seleccionaron as fotografías colgadas na mostra. Entre elas, as tres premiadas que elixiu un xurado formado por profesionais do sector audiovisual. Como agasallo, os dous mellores fotógrafos recibiron un teléfono intelixente, e o terceiro unha pulseira de actividade.




















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



