Rodil felicitouse pola campaña da candidatura que representa e agradeceu “a todas as persoas que sempre están cando fai falla e ás que tenden a man se pedir nada a cambio” o seu traballo
Olalla Rodil sinalou a importancia de que todo o mundo participe nestas eleccións por que “a democracía faise coa implicación social, a participación política e tamén coa participación nos procesos electorais”. Rodil felicitouse pola campaña da candidatura que representa e agradeceu “a todas as persoas que sempre están cando fai falla e ás que tenden a man se pedir nada a cambio” o seu traballo e implicación durante estes días por que “coñecimos a Galiza da dignidade rebelde disposta a apostar por nós”.
A candidata ao congreso por Lugo de Nós Candidatura Galega, Olalla Rodil, aproveitou a xornada de reflexión, na Ribeira de Piquín, para pasar o día coa súa familia. Pola tarde achegouse ata o entorno do río Rodil para pasear acompañada do seu pai. Olalla Rodil exercerá o seu dereito ao voto ás 10:00 na Escola do Chao do Pousadoiro no concello da Ribeira de Piquín. Durante a xornada electoral estará na cidade de Lugo e agardará os resultados electorais, en compaña das candidatos e candidato das outras circunscripcións, no espazo da Nave de Vidán en Santiago de Compostela.