Ribadeo, 6 de xuño, 2025. Este venres 6 de xuño, ás 20,30, no Teatro de Ribadeo, a Agrupación Cultural Francisco Lanza e o Colectivo As Vacas Fracas organizan a proxección, con coloquio posterior, do documental “Se canto é porque quero”, unha produción da Real Academia Galega, realizada pola produtora audiovisual Miramemira, na cal participa a ribandese Alba López.
Son tres capítulos que van tecendo un mosaico de testemuños e olladas que retratan o mundo das cantareiras e da poesía popular oral, protagonistas da gran festa que foi o 17 de maio, e que queremos manter ao longo de todo o ano. Cada episodio parte dunha das tres personalidades nas que a RAG personifica a celebración –Rosa e Adolfina Casás Rama, veciñas de Cerceda; as Pandeireteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños; e Eva Castiñeira, de Muxía–, incidindo no carácter coral da mesma e no presente e futuro da tradición que están a reinterpretar as novas xeracións.
Tras a proxección do documental abrirase un pequeno coloquio no que agárdase contar coa presenza, entre outras, de Ugia Pedreira e a propia Alba López. E, para reproducir o espírito cantareiro desta celebración, tras o acto, botaranse unhas cántegas na rúa Pasarón y Lastra.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



