A conselleira María José Gómez visitou esta mañá o Hotel O Cabazo, no concello lucense de Ribadeo, que vén de mellorar as súas instalacións grazas a unha achega do Grupo de Desenvolvemento Rural Terras de Miranda ao abeiro desta medida
Ribadeo, 1 de xuño de 2025. A Xunta puxo en valor en Ribadeo o potencial da intervención Leader para favorecer a creación de emprego no rural. A conselleira María José Gómez visitou hoxe as reformadas instalacións do hotel O Cabazo.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, polo presidente do GDR Terras de Miranda, Vidal Martínez, polo alcalde, Dani Vega, e polas concelleiras de Turismo e Cultura, Marta Saiz e Begoña Sanjurjo, visitou o Hotel O Cabazo, que mellorou as súas instalacións grazas a unha achega do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Terras de Miranda no marco da intervención Leader.
A conselleira explicou que a reforma das instalacións contou cun investimento de algo máis de 128.000 euros para derrubar a primeira fase do hotel e así poder construír 12 habitacións novas, que reúnen as características necesarias para aumentar a súa categoría e contar con catro estrelas. Este orzamento tamén permitiu acondicionar a planta baixa na que se atopan a recepción, a cafetería e a área de estar.
O rexedor destacou que “este investimento contribuirá á dinamización económica de Ribadeo, á creación de emprego e ao fortalecemento do turismo de calidade no rural”. E lembrou a potencialidade nesta materia de Ribadeo “un dos municipios con máis prazas hoteleiras da provincia de Lugo e das mellor preparadas para atender a toda a demanda que recibimos e que vai en aumento ano tras ano”.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



