Ferreira do Valadouro, 21 de decembro de 2015.- O Apalpador fixo unha visita sorpresa este Nadal aos nenos e nenas do CEIP de Santa María de Valadouro. Ali fixo as delicias dos máis pequenos contando contos, cantando cancións e falandolles de moitas curiosidades do Courel donde esta figura do Nadal reside.
Lembrou aos nenos a necesidade de coidar o medio ambiente e alimentarse de xeito san.
Por último agasallou a todos os nenos cun carballo para que o plantaran e medrara de forma san para combatir o cambio climático.
Esta visita foi organizada polo Departamento de Cultura do Concello de Valadouro