Ribadeo, 30 de decembro de 2015. O Concello xunto a Acisa presentan dous dos seus proxectos estrela ao Concurso al mejor producto de turismo activo nos Premios Fitur en dúas das súas catro modalidades: o Ribadeo Indiano á modalidade de Cultura e as Xeorrutas á de Natureza. Así o anunciaron a concelleira de Turismo, Ana Martínez, e o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, que fan unha chamada aos veciños e asociados do colectivo para que voten polos proxectos ribadenses. O prazo está aberto ata o día 10 de xaneiro.
A edil nacionalista explicou que “a Feira Internacional de Turismo Fitur e Aire Libre convocan este ano a 21ª edición do Concurso al mejor producto de turismo activo. Este concurso ten por finalidade potenciar a competitividade da industria turística e proxectar os produtos turísticos de maior calidade, e este ano, dende o Concello de Ribadeo xunto a Acisa decidimos presentar dous dos nosos proxectos estrela a estes premios. Falamos, dentro da modalidade de Cultura, do Ribadeo Indiano, e na modalidade de Natureza, do proxecto das Xeorrutas na praia das Catedrais e Rinlo”.
Martínez sinalou que “escollemos estes dous proxectos porque entendemos que identifican bastante a potencialidade do turismo que temos dentro do noso municipio. Con estes dous proxectos, que xa son todo un éxito, quixemos apostar por un turismo cultural e activo, un turismo sostible no que a cidadanía se integra dun xeito activo, converténdose dende logo nun piar fundamental. Temos o exemplo do Ribadeo Indiano, no que a participación cidadá é clave no éxito rotundo deste proxecto. No caso das Xeorrutas, o proxecto iniciouse dun xeito piloto. Comezamos cunha parte formativa de guías do litoral e foi a partir deste verán cando amosamos o enorme valor ambiental, xeolóxico e paisaxístico de toda a costa de Ribadeo. Neste proxecto participaron máis de 3500 persoas este verán”.
Os votos dos cidadáns servirán para decidir os proxectos premiados: “temos que falar deste concurso e da necesidade de participación e de votación da cidadanía para que esteamos arriba nos premios de Fitur. Animamos a todo o mundo a apoiar as nosas candidaturas co voso voto. Podedes ser vós o mellor dos xurados se entendedes que Ribadeo Indiano e as Xeorrutas merecen estar aí, que dende logo nós entendemos que son dous dos grande proxectos turísticos desta zona. Anímovos a todos e a todas a votar dende hoxe mesmo ata o día 10 de xaneiro, que é cando remata o prazo, a través das redes sociais. O enlace é algo longo e podédelo atopar dentro das páxinas de Facebook de Turismo de Ribadeo ou de Acisa para poder votar”.
A concelleira de Turismo dixo que “son catro categorías nacionais e catro internacionais para as modalidades de aventura, cultura, natureza e etnogastronomía. Ribadeo participa dentro da categoría nacional en dúas modalidades, Cultura e Natureza, cos proxectos Ribadeo Indiano e Xeorrutas. Hai que votar dentro de cada unha destas categorías tres produtos, indicando o primeiro, o segundo e o terceiro posto. Pedímosvos que co voso posto lle deades o primeiro posto tanto a Ribadeo Indiano como ás Xeorrutas para que o vindeiro mes de xaneiro esteamos en Fitur recollendo o premio en nome de todos os ribadenses, de todos e todas as visitantes que estiveron durante estes dous eventos e de todos os que votastes. Agradecemos de antemán o voso esforzo”.
Pola súa parte, Francisco Iriarte, presidente de Acisa, asegurou que “dende a Asociación de Comerciantes de Ribadeo creemos que es una cosa importante para promocionar a nivel nacional la fiesta indiana de Ribadeo. Animamos a todos los socios de Acisa y a todos los ribadenses a que entren en la página y voten. El esfuerzo que realizan el Concello y la Asociación de Comerciantes en la fiesta indiana es muy importante y por eso creemos que con el simple hecho de votar en una página el esfuerzo de los ribadenses se verá recompensado”.









O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



