Ribadeo, 28 de xaneiro de 2016.- A Delegación Local de Ribadeo da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) está a organizar un grupo terapeútico en Ribadeo.
No grupo ofertarase un tratamento terapeútico de natureza psicolóxica ás pacientes de maneira grupal coa finalidade de mellorar a súa capacidade de afrontamento e a calidade de vida.
Dirixida a: aquelas pacientes e/ou familiares que presenten reaccións emocionais desadaptativas que dificultan ou interfiren nas súas relacións interpersoais, laborais, de parella e/ou sexuais, ou que xeran un malestar significativo e unha disminución na súa calidade de vida.
Dinamiza o grupo: a psicóloga da asociación provincial de Lugo contra o cancro.
Calendario: 8 sesións de 90 min. de duración unha vez a semana.
A primeira sesión tivo lugar este luns 25 de xaneiro. Porén, aquelas persoas que se queiran incorporar a este grupo poderán facelo na 4º sesión que será o 15 de febreiro.
Lugar: Casa da Xuventude
Horario: 11.00h até ás 12.30h.
Máis información do grupo e inscripcións:
§ AECC de Lugo: 982 25 08 09 email : lugo@aecc.es
§ CIM de Ribadeo: 982 12 07 39 ou no cim@ribadeo.org
Colabora: Delegación Local de Ribadeo da Concellaría de Igualdade.