O Grupo Municipal Socialista de Foz asegura que “é lamentable como o sr Alcalde engana os veciños, minte e trata con absoluta deslealdade á oposición” tras ler unha nota de prensa onde o sr Alcalde de Foz acusaba a oposición de bloquear o pago de 240.000 euros a provedores.
“O sr Alcalde quere un cheque en branco, quere que lle levantemos os reparos de intervención a unha serie de facturas. Reparos que, nalgúns casos, afirma que estamos ante actos nulos de pleno dereito ao non observarse os procedementos legalmente establecidos”.
Convoca un pleno extraordinario e urxente, e en ningún momento en base a urxencia na necesidade de levantar os reparos das facturas. É mais, nin sequera leva o tema á comisión informativa. E, por se fora pouca a desfachatez do sr Alcalde, entréganos a documentación un día antes do pleno.
Dende o PSdeG-PSOE queremos dar tranquilidade aos provedores; xa que seguro que nos próximos meses van cobrar, como non pode ser doutra maneira. Non se trata de bloquear o pago, que podía haber feito perfectamente o sr Alcalde, se estas facturas non contaran con informes negativos por parte de intervención. Trátase de que o pleno resolva estas deficiencias.
Pero o que quere o sr Alcalde é que se resolvan na súa totalidade, sen distinguir o tipo de reparo con que conta cada unha; e que xunto con esas facturas a provedores cuns reparos subsanables, como pode ser insuficiencia ou inadecuación de crédito, existen outras que a todas luces a nos parécennos ilegais como así se desprende do informe de intervención; que é cando se fraccionan obras para non cumprir o requisito de licitar a obra e saír a concurso público. Así di o informe de intervención: ”Non poderá fraccionarse coa finalidade de disminuir a contía do mesmo e eludir así os requisitos de publicidade ou os relativos ao procedemento de adxudicación que corresponda” e continúa diciendo este informe que “atopámonos nos supostos do ártigo 62,1 da Ley de Réximen xurídico das Administraciones Públicas e Procedemento Administrativo Común cando sinala que os actos que dicten as Administraciones prescindindo total o absolutamente do procedemento legalmente establecido poden ser nulos de pleno dereito”.
Polo tanto o PSdeG-PSOE por responsabilidade política non vai cometer ningunha ilegalidade e se o sr Alcalde quere pagar aos provedores, que non os engane, terá que separar as facturas que teñan un reparo subsanable de aquelas claramente ilegais e que non son outras que as que se refiren a obras que o sr Alcalde contrata de forma irregular.
Pero as mentiras do sr Alcalde non se limitan a este asunto. A convocatoria do pleno extraordinario, como así xustifica na convocatoria, basea a súa urxencia en resolver unhas alegacións presentadas a modificación da Ordenanza Fiscal para aprobar a baixada do tipo de gravame do IBI que se acordara no último pleno celebrado.
Sabía perfectamente que se se convocaba o Pleno para o 30 de decembro era materialmente imposible que, unha vez resoltas as alegacións, puidera ser publicada en prazo a citada Ordenanza, e así entrar en vigor no 2016. Cerrou incluso a posibilidade dun acordo entre as forzas políticas. Debemos recordar que o propio sr Alcalde e o seu grupo municipal levaban a proposta de reducir o tipo de gravame o 0,54% e o BNG o 0,50%.
Non había impedimento algún para que se celebrara o Pleno o día 28 e así resolver as alegacións, chegando posiblemente a un acordo entre toda a corporación e publicando en prazo a ordenanza. Pero esta nunca foi a vontade do sr Alcalde, polo cal os veciños e Foz van ver incrementado o seu recibo de IBI no 2016 nun 12% máis e así acumular unha subida do 40%.
O sr Alcalde cunha enorme prepotencia xestionou da peor forma posible un tema tan polémico coma este. Cabreou aos veciños e ninguneou á oposición. Dende o PSdeG-PSOE queremos deixar craro que a subida do IBI non a decidiu o Pleno da Corporación como algúns veciños poden pensar. Foi o sr Alcalde quen o solicitou porque así llo permite a Lei de Presupostos Xerais do Estado.
E non estabamos tan equivocados cando diciamos que unha subida lineal de todos os valores catastrais era claramente inxusta, cando fai uns días nun diario se dicía que moitas das valoracións catastrais están por riba da de mercado, referíndose, claro está, a todas aquelas vivendas que se construíron no pleno boom inmobiliario e que teñen un valor catastral establecido naquel momento, cando todos sabemos que o prezo da vivenda se desplomou en máis dun 46% en toda España, facendo que os propietarios paguen uns impostos moi por riba do que sería normal, xa que a valoración catastral nunca pode superar o 50% do valor de mercado da vivenda.
O sr Alcalde perdeu a confianza deste grupo político como non pode ser doutro modo. A este tema, no que en ningún momento contou coa oposición, únense outros como o recente caso da ubicación da estación de servizo en pleno casco urbano. Sen chegar a cuestionarnos a legalidade da obra, e de que polo tanto, conte con todos os permisos necesarios, non é menos certo, que o sr Alcalde podía ter contado coa oposición nun tema tan transcendente. O escurantismo co que levou este tema fai sospeitar que non quería que ninguén se entesase do tema. A razón de tal comportamento deixámola á opinión dos veciños.
Ó sr Alcalde enchéselle a boca pedíndonos altura de miras nalgúns temas e lealdade institucional cando el prescinde totalmente diso cando lle interesa.
Grupo Municipal do PSdeG-PSOE de FOZ