Burela, 28 de xaneiro de 2016.- Na mañá deste xoves usuarios de Eu Son realizaron unha visita á panadería Abad, de Burela, acompañados polas monitoras de Gaia. Alí puideron ver todas as instalacións, a zona de panadería e de pastelería e ademais amasaron ou seu propio pan, que logo meteron no forno e unha vez cocido levárono para o centro. As monitoras da Aula MedioAmbiental Gaia, do Concello de Burela, explicaron que “desta maneira puideron comprobar o arduo traballo que realizan os panadeiros a diario. Os rapaces disfrutaron moito e queremos agradecerlle á panadería Abad que nos dedicara parte do seu tempo”.
